.
BITÁCORA
Data 24 / V / 2014
Tempo Nubrado
Distancia percorrida 14,83 millas
Duración 6h. 30m.
Velocidade media 2,26 nós
Velocidade máxima 5,45 nós
Embarcamos no castelo de Santo Antón, bordeámolo e arrumbamos á Solana. Achegámonos ao transatlántico atracado no peirao, a súa cheminea está fumeando, agardemos que non sexa porque se dispón a saír.
Non hai ondas de importancia, non obstante o movemento do mar provoca inestabilidade, debemos de ter certo coidado. Pasamos baixo un peirao metálico e navegamos paralelos ao espigón do porto pesqueiro. Despoisdeixamos a estribor a praia de Oza, de onde sairamos na expedición anterior.
Entramos no Mero coa marea bastante alta, o que nos permite navegar sen ningún problema. Unha vez pasado o Temple, as beiras aparecen poboadas de xuncos, mais non nos parecen tan fermosos como na expedición anterior.
Ao chegarmos a presa, debemos subir a piragua a un muro de case dousmetros, pero desta vez a manobra facémola sen problema, traemos un cabo en popa e outro en proa. Unha vez pasada a presa, a relación coa natureza éabsoluta. Lembramos a sorpresa que isto nos supuxo na outra expedición. Desta vez as roseiras salvaxes que gabean polas árbores teñen flor erecenden con grande intensidade.
Coma xa é costume, atopamos rápidos nos que é preciso remar forte. Tamén vemos algunhas árbores deitadas que dificultan a navegación. Cando levamos percorridos perto de dúas millas dende a presa, a navegación vólvese imposíbel e temos que dar volta, no mesmo lugar onde o fixemos naanterior viaxe.
Ao descender, os rápidos non son problema, aínda que collemos velocidade ehai que ter coidado de que non nos vire ningunha das pedras que aparecende cando en vez.
Superada a presa, percíbese a baixada da marea, debemos evitar as pedras. As que asoman non son problemáticas, o perigo encóntrase nas somerxidas. A auga turbia non deixa ver nada. Tropezamos cun par delas, batemos con forza, mais sen consecuencias.
Pasado o Temple, hai ondas que nos obrigan a vogar con maior intensidade.Despois da bocana do río, decidimos baixar no areal de Santa Cristina, perodebemos facelo no medio, onde hai menos ondas. A manobra é a usual de desembarco na praia, remar forte e de forma perpendicular ata embarrancar.
O areal está deserto, o sol ilumínao. Resulta atractivo, a pesar dos adefesiosconstruídos. Apeteceríanos un baño senón fose que vai fresco, aínda que está rematando maio. Cambiamos as camisetas molladas, tomamos o tradicional xeado e poñemos os chuvasqueiros. Despois, arrastramos a piragua cara a desembocadura, para evitar as ondas que se ven a 100 metros da praia. Embarcamos e hai ondas suaves pero seguidas, que provocan algún que outro salseiro de pequena intensidade, con todo a piragua mostramáis estabilidade que na viaxe de ida. Na punta do espigón hai unha chea de homes pescando. Decatámonos, despois de tirar unha foto, de que o obxectivo da cámara ten unha pinga, non sabemos dende cando, a ver como saen as imaxes.
Desembarcamos no Castelo de Santo Antón, e despois de ducharnos na casa de Olaia, imos con ela a cear ao Bebedoiro. Desta vez prescindimos do viño e celebramos con cava o remate das expedicións que nos tiñamos marcado.