.
.s
see english below
Como dabamos conta no caderno de bitácora da expedición 17, perdemos un dos móbiles que levabamos, mais como ía metido nunha bolsa estanca, a persoa que o atopou puido seguir realizando fotografías, que inmediatamente subían, sen a súa intervención, a Dropbox, e que polo tanto nós recibiamos.
O novo propietario fíxonos participes da súa vida familiar, o que non nos interesaba o máis mínimo, pero no medio das fotografías que recibimos, había imaxes nas que a proa da piragua se transformaba nuns pés, que, tamén, facían explicita a súa presenza nun territorio. Tomámolas como un sinal de agradecemento por telo dotado dun móbil con cámara, e decidimos incluílas no proxecto, non podía ser doutro xeito.
O que non sabemos é se as uñas coloreadas foron pintadas como parte dunha escenificación fotográfica -nese caso si se diferenciarían das nosas imaxes-, ou simplemente que é máis mirado cos seus pés, que nós ca piragua, a que só llle demos batacazos contra rochas, pedras e petóns, nestes case 1000 km que percorremos, a bordo dela, neste proxecto
O cuestionamento do verismo fotográfico, que supuxo a posmodernidade por unha banda e a imaxe númerica por outra, fará que moitos pensen que é ficción, pero unha vez máis podemos comprobar que se cumpre o tópico de que a realidade supera a ficción.
.
COLLABORATIVE ARTIST