05-VERDUGO

.

MilRios.Verdugo1

.

.

BITÁCORA 

  • Data                                       9 / 06/ 2012

  • Tempo                                   Nubrado, chuvioso

  • Distancia percorrida       13,4 millas.

  • Duración                             4h 57 m.

  • Velocidade media             2,6 nós.

  • Velocidade máxima         6,3 nós.

 Saímos de Chapela ás 9 da mañá, cun tempo impropio da estación na que estamos.

Tras cruzar un porto deportivo e pasar por diante da factoría Pescanova, estamos baixo a ponte de Rande. A súa monumentalidade causa impresión. Pouco despois de deixala, chegamos ao que foi un embarcadoiro de mineral. As súas formas chámannos a atención.

 Seguimos bordeando a costa. Non percibimos a desembocadura do río Alvedosa e entramos polo río Pexegueiro, entre ambos está Redondela. Podemos percorrelo só uns poucos metros. Un home que pasea pola beira dinos asombrado que nunca viu unha piragua por alí. Non nos estraña, este río non incita a percorrelo.

 Volvemos á ría e pomos rumbo a praia de Cesantes. Ao navegar paralelos, a situación complícase. Hai ondas e a piragua resulta inestábel. Debemos vogar con forza e atención. Unha vez que pasamos a praia a navegación volve ser máis tranquila. Entramos no río Verdugo, despois de cruzar as dúas pontes que hai na súa entrada. Unha canle ancha, que permitiría navegar a pracer se non fose porque está chovendo e, aínda que a auga que cae non é forte, vai calándonos.

 Despois de tres millas de navegación polo río, tras pasar dúas novas pontes, unha delas seica romana, cambia a estrutura do río e faise imposíbel seguir. Levamos percorridas 11 millas e regresamos. Ao chegar de volta a Pontesampaio estamos enchoupados e aterecidos de frío, polo que deixamos a piragua e ímonos en taxi. Tras volver a recoller a piragua dirixímonos a comer a Chapela, desexando, máis que nunca, un caldo quente. A pesar das boas lembranzas gastronómicas que nos trae o sitio, nesta ocasión non houbo nada que pague a pena recordar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s