10-RÍO MIÑOR

.

.

10 MilRios_Miñor

.

..

BITÁCORA

  • Data                                           13 / 09/ 2012

  • Tempo                                       Soleado

  • Distancia percorrida            7,45 millas.

  • Duración                                  7h 15 m.

  • Velocidade media                  1,02 nós.

  • Velocidade máxima              6,26 nós.

 Saímos dende a punta oeste da praia de Baiona. Navegamos ata chegar xusto enfronte da boca do río, deixándonos caer do rumbo para non coller as ondas de costado.

A marea está bastante alta e permítenos navegar moi ben as tres primeiras millas. A partir de aí, vaise complicando pola escasa profundidade. Quedamos varados moitas veces e, en ocasións, temos que baixar da piragua para salvar os baixos. Despois de catro horas, tras percorrer catro millas e media, chegamos a Gondomar.

Estupidamente ocorréusenos regresar polo río, sen ter en conta que a marea baixara. Como o descenso é máis doado que a subida, podemos navegar case unha milla, aínda que varando en repetidas ocasións. Logo resulta imposíbel. Temos que baixar da piragua e camiñar arrastrándoa ata a Ramallosa. Entre tanto, faise de noite, e temos que andar sen ver onde pomos os pes.

Dos ríos que levamos navegando, este é o máis lixoso. Atopamos pelotas vellas, unha roda, un monitor de ordenador, tazóns, unha tixola…. Ocorrésenos facer algo con eles, pero vennos a cabeza Boltanski e desistimos. Aínda así collemos algúns. Xa veremos.

Ao chegar á Ramallosa, deixamos a piragua. Pillamos un taxi e imos buscar o coche a Baiona, para  logo recoller a embarcación.

Rematamos tomando un ollomol magnificamente preparado no Punto e coma de Panxón.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s