Arquivo da categoría: Mil Rios

Nunca pensamos que MIL RÍOS fora servir para isto!

Hugo García Brey, que está a realizar un proxecto académico na Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol da UDC, contanos que:

O libro serviume enormemente para analizar diferentes situacións de emprego á hora de navegar en kayak e trasladar estas as conclusións que saquei ao meu novo concepto de kayak, que aínda está en proceso de deseño. Se todo vai ben defenderei o proxecto no mes de xuño.

Gracias ás vosas minuciosas descricións dinme conta de que o transporte manual do kayak é un dos grandes problemas á hora de navegar e por este motivo tereino moi en conta á hora do deseño. Ademais de outras melloras como dispositivos estabilizadores e melloras estéticas nas diferentes partes do kayak que xa son más relativas a axentes perceptivos.

En definitiva, o voso libro sen dúbida resultoume tremendamente útil á hora de valorar algunhas das situacións de uso que se plantexan na navegación en kayak e que son moi importantes para trasladar o deseño destas embarcacións.”

Mil Ríos en Le Monde Diplomatique

le monde diplomatique

PRESENTACIÓN NO CGAI NA CORUÑA

O luns 22 de decembro, ás 20horas, presentación-proxección no CGAI da Coruña do libro Mil Ríos.

Despois desta presentación, e de telo prestado no MARCO de Vigo, CGAC de Santiago,  Casa das Campás de Pontevedra,  Outono Fotográfico de Ourense e o PhotoBok de Vigo, damos por rematadas, en principio, as presetacións do libro. Mais se o queredes conseguir podedes mercalo en librería ou pedirnolo a nós.

DATOS LIBRO

Artigo de F. L.Silvestre en Kardo. Revista do Observatorio Galego do Territorio

 

PRESENTACIÓN LIBRO NO CGAC

PRESENTACIÓN NO CGAC

Presentación a cargo de Federico López Silvestre

Xoves,  6 de novembro, ás 19 h

Libro MIL RÍOS

PRESENTACIÓN DO LIBRO MIL RÍOS

MARCO de Vigo

31 de outubro ás 17h 30.

artista colaborador

Na expedición 17 perdemos un dos móbiles que levabamos, mais como ía metido nunha bolsa estanca, a persoa que o atopou puido seguir realizando fotografías, que inmediatamente subían, sen a súa intervención, a Dropbox, e que polo tanto nós recibiamos…… máis

EXPOSICIÓN NO FARO FISTERRA

 Inauguración 1 de agosto

EXPEDICIÓN 17

MÁIS / MORE

Expedicións 14 e 15 no MARCO de Vigo

As expedicións ao Verdugo (nº 14 e 15) foron incluídas na exposición Eidos da Imaxe. Gafías dos feitos e do pensamento, comisariada por Albero Ruiz de Samaniego, no MARCO de Vigo

IREMOS SUBINDO SEMANALMENTE AS EXPEDICIÓNS QUE FALTAN

O 30 de novembro realizamos a expedición nº 31. Xa temos remontado, dendo Miño ao Eo, todos os ríos que nos propuñamos. Moitas das expedicións aínda non están neste blog, iremolas subindo semanalmente, mentres traballamos no deseño do libro MIL RÍOS.